Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro
Mapa de 1704

Datos:

Lonxitude: 173,70 Km.
Dificultade: Media
Descargar roteiro de Lobios a Entrimo: (27,74 km.) Premer aquí (Kml).
Descargar roteiro de Castro Leboreiro a Santiago de Compostela: (146,02 km.) Premer aquí (Kml) .
O culto Xacobeo tivo no Camiño Portugués un territorio fundamental para entender a verdadeira dimensión internacional do fenómeno das peregrinacións.
Chegada a Santiago de Compostela
O Camiño Miñoto Ribeiro é un dos camiños máis antigos que enlazaban o norte de Portugal coa cidade do Apóstolo Santiago. Segue transcorrendo na maior parte do seu trazado a través daqueles mesmos carreiros, calzadas romanas e camiños medievais.

Este carácter relacional vén desde moi antigo, comunicando Castros e poboacións prehistóricas, ademais da inxente abundancia de asentamentos megalíticos e túmulos sepulcrais, que nos lembran a prematura na habitación destes lugares. Engloba entre outros caracteres, tres elementos diferenciadores que lle confiren un carácter específico propio: "Natureza, Termalismo e Viño".

O camiño ten 3 entradas desde Portugal a Galicia:

  • O itinerario principal, dende Braga hacia Vilaverde, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Monçao e Melgaço atravesando o Concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Ribadavia, Beade, Leiro, O Carballiño, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada, Vedra, Boqueixón e Santiago de Compostela.
  • Braga, Ponte da Barca cara a Baixa Limia, Lobios e Entrimo, Castro Leboreiro, onde xa se uniría co itinerario principal.
  • Terras de Bouro ata as proximidades da vila de Lobios, Entrimo e Castro Leboreiro (Portugal), onde se uniría o itinerario principal.
Máis información (PDF)

Galería de fotos:

Documentos:

Ligazóns:

Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Teléfono
(+34) 619 112 935
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar