Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Etapa 9: A Gándara - Santiago de Compostela

A Gándara - Santiago de Compostela

Datos:

Lonxitude: 9,10 Km.
Dificultade: Baixa
Duración estimada: 1 h. 58 min.
Descargar roteiro: (Kml) Premer aquí.
A última etapa do Camiño, xa moi preto da meta. Un percorrido cheo de expectativas, desde Adrei, O Piñeiro a Santiago de Compostela, entra pola porta de  Mazarelos por onde entraba o viño do Ribeiro.

Tramo 1: A Gándara - O Piñeiro

  • Lonxitude: 4,60 Km.
  • Dificultade: Baixa
  • Duración estimada: 0 h. 59 min.
O roteiro segue por pista asfaltada ata chegar a Adrei, seguindo o camiño chegaremos ao Piñeiro.

Tramo 2: O Piñeiro - Santiago de Compostela

  • Lonxitude: 4,50 Km.
  • Dificultade: Baixa
  • Duración estimada: 0 h. 58 min.
Saíndo do Piñeiro seguiremos recto dirección Santiago de Compostela, pasamos por baixo da autovía e cruzaremos a ponte de Angrois, seguimos polo camiño real, cruzamos a estrada, continuamos pola rúa  do Sar ata o final 1,4 Km, cruzaremos a estrada e entraremos pola porta de Mazarelos (por esta porta entraba o viño procedente da comarca do Ribeiro), Praza de  Mazarelos, Praza da Universidade, ao pasar a praza a 100 m, viraremos á esquerda, Fonte Sequelo, rúa Xelmírez ata o fondo da mesma e despois á dereita, estás na Praza do Obradoiro.

Documentos:

Ligazóns:

Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Teléfono
(+34) 619 112 935
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar