Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Etapa 7: Soutelo de Montes - O Foxo

Soutelo de Montes - O Foxo

Datos:

Lonxitude: 27,50 Km.
Dificultade: Media
Duración estimada: 5 h. 57 min.
Descargar roteiro: (Kml) Premer aquí.
Deixamos atrás a localidade de Soutelo de Montes e tomamos o desvío para Gaxín, ata chegar á ponte de Gomail. O camiño atravesa as impresionantes paisaxes ata culminar esta etapa no Foxo - A Estrada.

Tramo 1: Soutelo de Montes - Forcarei

  • Lonxitude: 10,20 Km.
  • Dificultade: Media
  • Duración estimada: 2 h. 13 min.
Unha vez cruzado este núcleo por estrada collemos desvío para Gaxín onde viramos á esquerda por camiño lousado e de terra, entre muros e duns 4 metros de ancho, ata chegar ao Ponte de Gomail, do século XIV. Despois de andar uns 200 metros baixamos por un camiño, empedrado con muros duns 3 metros de ancho e con apartadoiros ata un pontón de pedra que se cruza e por camiño con características semellantes chegamos á pista asfaltada que cruzamos por detrás do campo de fútbol para así chegar a Forcarei, onde podemos contemplar a súa igrexa parroquial e cruceiro.

Tramo 2: Forcarei - Salauzóns

  • Lonxitude: 13,20 Km.
  • Dificultade: Media
  • Duración estimada: 2 h. 52 min.
Unha vez pasado Forcarei collemos dirección a Chamosa e Salgueiro por pista asfaltada que deixamos nesta última aldea ata chegar á estrada na paraxe coñecida como As Casetas desde a que continuamos ata Leboso, Quintillán, con topónimo romano e  cruceiro con pedestal con cunchas de vieira, ermida de San Amaro (outra máis) e Meavía cos topónimos Rúa e Cruceiro. Unha vez pasada esta aldea e en dirección noroeste, por pista asfaltada ao principio e de terra despois, chegamos a un alto coñecido como Outeiro da Cruz, xa no linde co concello da Estrada. O camiño entra, por pista de terra ata a aldea de Castrelo de Abaixo na parroquia de Pardemarín, coa súa igrexa parroquial, e seguindo o camiño chegaremos a Salauzóns.

Tramo 3: Salauzóns - O Foxo

  • Lonxitude: 4,10 Km.
  • Dificultade: Media
  • Duración estimada: 0 h. 53 min.
Xa por pista asfaltada, ata a igrexa parroquial de Lamas, chégase a igrexa parroquial de Rubín que conserva nos seus muros tres estelas tardo-romanas e/ou paleocristiás o que demostra a antigüidade da contorna. Seguindo o camiño chegaremos a O Foxo no concello da Estrada.

Galería de fotos:

Documentos:

Ligazóns:

Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Teléfono
(+34) 619 112 935
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar