Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Etapa 2: Lobios - Castro Leboreiro

Lobios - Castro Leboreiro

Datos:

Lonxitude: 14,90 Km.
Dificultade: Media-Alta
Duración estimada: 3 h. 14 min.
Descargar roteiro: (Kml) Premer aquí.
A configuración do terreo lévanos a transitar por camiños empedrados e pontes históricas, como a que aparece en Pacín, e ver sedutores exemplos de arquitectura popular e relixiosa: igrexas,  cruceiros ou lavadoiros de pedra sáennos ao camiño.

Tramo 1: Lobios - Entrimo

  • Lonxitude: 5,30 Km.
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 1 h. 9 min.
Saímos de Lobios polo núcleo máis antigo ata chegar á igrexa parroquial, onde cruzaremos outra ponte histórica para proseguir dirección ao municipio de Entrimo. Entramos no municipio de Entrimo pola paraxe coñecida como A Sobreira ata a aldea de Quintáns onde nos atoparemos coa capela de San Antonio, dirección Feira Vella, séguese ata o lugar de O Casal, cruzando antes pola ponte histórica de Pacín, nesta aldea hai unha capela dedicada a San Miguel. Proseguimos polo camiño ata chegar ao lugar de Terrachá onde atoparemos a igrexa dedicada a Santa María a Real, con referencias documentais e toponímicas que sinalan a existencia dun antigo Hospital e unha capela dedicada a San Xoán.

Tramo 2: Entrimo - Bouzadrago

  • Lonxitude: 4,20 Km.
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 0 h. 55 min.
O camiño segue ata a aldea de Ferreiros pasando antes por un pontón histórico no regato de Medán. Desde Ferreiros seguimos o camiño, que en tramos está lousado e entre muros, ata chegar ao pontón de O Folón, seguindo o camiño levaranos á aldea de Bouzadrago onde nos atoparemos unha capela cunha imaxe no altar maior de Santiago Peregrino.

Tramo 3: Bouzadrago - Ameixoeira (Portugal)

  • Lonxitude: 5,40 Km.
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 1 h. 10 min.
Saíndo desta aldea, o camiño prosegue dirección norte ata a aldea de Pereira onde nos atoparemos cunha igrexa dedicada a San Facundo, chegamos a unha bifurcación e collemos á dereita por un camiño lousado e imos ascendendo por unha paraxe de serra, ata chegar á divisoria da mesma onde o vello camiño foi transformado en pista forestal que nos levará a lugar de Ameixoeira (Portugal). O tramo portugués está pendente do estudo histórico, desde a  Ameixoeira o camiño segue dirección Castro Leboreiro.

Galería de fotos:

Documentos:

Ligazóns:

Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Teléfono
(+34) 619 112 935
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar